IBM lidera o ranking de patentes en Estados Unidos por décimo noveno ano consecutivo

IBM lidera o ranking de patentes en Estados Unidos por décimo noveno ano consecutivo


IBM anunciou onte que, un ano máis, e van 19, liderou o ranking de patentes de Estados Unidos, batendo ademáis o récord.

A compañía multinacional, que é membro do Cluster TIC Galicia, resistrou en 2011 un total de 6.180 patentes, moi por riba dos seus competidores máis directos, xa que duplicou o rendemento de Hewlett-Packard neste terreo e multiplicou por seis o de Oracle/Sun. IBM tamén superou a Samsung e Canon, que se situaron nos postos segudo e terceiro do ranking, con 4.894 e 2.921 patentes respectivamente.

As máis de 6.000 invencións rexistradas por IBM o ano pasado son aplicables a un amplo abano de sectores: distribución, banca, sanidade, transporte, industria, etcétera. A compañía destaca tamén que supoñen importantes avances cara “unha nova xeración de sistemas máis cognitivos e intelixentes e para o desenvolvemento da estratexia Planeta máis intelixente de IBM”.

Fonte: IBM

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies