IBM fixo público o “acordo definitivo” para adquirir Green Hat, provedor de solucións de software que axudan a probar en contornos cloud a calidade das aplicacións antes do seu lanzamento.
A multinacional estadounidense non informou dos detalles financeiros da operación, pero si precisou que, unha vez pechada a adquisición, as solucións de Green Hat se integrarán na oferta de software Rational de IBM.
O principal valor das solucións de Green Hat reside en que abaratan sustancialmente os costes das simulacións, ao traballar con contornas virtuais nas que as probas esixen moito menos tempo e traballo.
Fonte: IBM
Ler a nota de prensa de IBM
Comentarios