Hoxe, último día para participar no concurso para a elaboración da plataforma web do Cluster

Hoxe, último día para participar no concurso para a elaboración da plataforma web do Cluster


Hoxe venres 15 de abril é o último día para que as empresas interesadas poidan enviar as súas propostas de deseño e desenvolvemento da plataforma web do Cluster TIC Galicia. Este proxecto conta cun orzamento de 15.000 euros.

Os socios interesados en participar no concurso deberán presentar unha proposta acorde coas condicións establecidas nos pregos administrativos e técnicos.

O obxecto do concurso é a creación da plataforma web do Cluster, así como o seu aloxamento e posicionamento en buscadores. A oferta está restrinxida a empresas que sexan membros do Cluster e que estean ao corrente no pago das cotas sociais. Quedan excluidas as empresas representadas no Comité Estratéxico.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies