Grupo Femxa busca empresas para acoller alumnos formados en TIC, para realizar Prácticas non Laborais

Grupo Femxa busca empresas para acoller alumnos formados en TIC, para realizar Prácticas non Laborais


Grupo Femxa busca empresas ás que lle interese dispor de persoal para realizar Prácticas non Laborais . Trátanse de xóvenes menores de 30 anos, que cursaron unha formación específica para realizar as tarefas ligadas ás seguintes materias:

- Desenvolvemento tecnolóxico de aplicacións Java
- Innovación na relación cos clientes: e-commerce e community management
- Innovación tecnolóxica na educación: pizarras dixitais, tablets, redes sociais na aula e GAM
- Técnico de internacionalización
- Especialización no apoio e asistencia ao persoal de oficinas
- Organización e xestión das operacións de almacén

Para acoller ao persoal en prácticas, débese cumprir o requisito de que a empresa solicitante teña un mínimo de 3 traballadores e que asigne un titor para facer seguimento e evaluar ao alumno durante o tempo da práctica. Opcionalmente, cabe que a tutorización sexa realizada directamente por Femxa.

Estas prácticas non implican ningún tipo de relación laboral, compromiso de contratación ou custe. Os alumnos dispoñen dun seguro e o empresario pode elixir a data para a realización de ditas prácticas (ata o 30 de Setembro).  A duración das prácticas pode chegar hasta 90 horas, en xornadas de hasta 8 horas diarias.

Os beneficios para as empresas participantes no proxecto son reducir a carga de traballo para a plantilla actual, realizar unha selección de personal sin custe, incrementar as competencias entre os traballadores ao incorporar a novos empregados con formación específica ou mellorar a imaxe da empresa grazas ao impulso da Responsabilidade Social Corporativa.

Os interesados en solicitar alumnos en prácticas poden facelo a través do seguinte email: lcobas@femxa.com

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies