O Cluster TIC Galicia defende a empresa galega e, como parte dese posicionamento, defende que a Administración “faga todo o posible por comprar empresa galega”. Esta é unha das ideas que expón Gerardo Crespo, presidente do Cluster, nunha entrevista publicada polo diario de información económica Expansión o pasado 26 de marzo. “Non nos gusta que se dean subvencións ás empresas de fóra que non colaboren coas empresas galegas”, engade Crespo, ainda que matiza que hai grandes empesas nacionais que teñen sede en Galicia e que si contribúen á economía da comunidade autónoma.
O presidente do Cluster sinala tamén que o obxectivo da entidade é facer das TIC unha locomotora da economía galega e sinala que un dos proxectos prioritarios no que traballa é un plan de internacionalización específico para o sector, que podería incluir o establecemento dunha oficina comercial nun dos países considerados prioritarios nese plan. Crespo salienta tamén a constitución de sete grupos de traballo para desenvolver a axenda estratéxica de I+D+i, e asegura que o Cluster está totalmente aberto á calquera empresa, sexa cal sexa o seu tamaño.
Comments