GAIN presenta as súas liñas de apoio a entidades innovadoras para o ano 2013

GAIN presenta as súas liñas de apoio a entidades innovadoras para o ano 2013



Durante as xornadas celebradas ao longo da última semana, nas cidades da Coruña e Vigo, presentaron os intrumentos financieiros dirixidos a empresas galegas destacando, por riba do resto de liñas, o programa de financiamento Conecta PEMES, nova acción de apoio a proxectos de I+D consorciados entre PEMES e centros de coñecemento cunha dotación orzamentaria de 13,8M€ para o ano 2013.

Estas xornadas tiveron un carácter eminentemente práctico, para facilitar a resolución de dúbidas das empresas, dividíndose as xornadas en dúas partes diferenciadas: a primeira parte consistiu nun repaso dos principais apoios a entidades innovadoras que están a xestionar dende a GAIN, dividindo estos apoios segundo a tipoloxía de empresas ou entidades ás que van dirixidas: novas empresas, PEMES, grandes empresas ou centros de coñecemento; a segunda parte centrouse no seguimento dun caso práctico que acadaba financiamento a través das diversas liñas comentadas.

Destacáronse as principais características do novo programa Conecta PEMES:

  • Consorcios de entre 3 e 6 PEMES galegas; alomenos un dos socios debe ser pequena empresa
  • Os consorcios non terán un líder (principio de solidariedade entre os membros do consorcio) ainda que elexirán un representante que se ocupe da interlocución coa Administración (solicitudes, xustificacións e xestións)
  • Orzamento total mínimo de 600.000€, sendo o orzamento mínimo por empresa de 75.000€
  • Subcontratación obrigatoria a centros de coñecemento de entre un 15% e un 25% do total do proxecto
  • Subcontratación máxima dun 50% do proxecto, contando coa subcontratación a centros de coñecemento
  • Intensidade da axuda segundo a tipoloxía de proxecto e as características da empresa:
    • En investigación industrial: 80% para pequenas empresas e 75% para medianas
    • En desenvolvemento experimental: 60% en pequenas empresas e 50% en medianas
  • A convocatoria está prevista para finais de agosoto ou principios de setembro
  • A duración dos proxectos extenderase ata o 30 de xuño de 2015 (data final da última xustificación)
  • A presentación da axuda será exclusivamente telemática
Asimesmo, dende a GAIN informaron da celebración dunha nova xuntanza "Gain Informa" o vindeiro 29 de xullo en Lugo, xornada na que ademáis as empresas terán oportunidade de solicitar xuntanzas bilaterais con representantes da GAIN para presentarlles a súa idea de proxecto.

Programa e inscrición xornada Lugo (no caso de solicitar xuntanza bilateral, é necesario enviar a ficha do proxecto antes do 24 de xullo)

Adxunto a esta nova, poden consultar un resumo da xornada celebrada en Vigo o pasado 18 de xullo, na que se comentan en detalle as características do programa Conecta PEME.

Xornada_GAIN_informa_18_07_2013

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies