FORTISSIMO: 2.000.000€ para experiencias de simulación numérica ao alcance das Pemes ibéricas

FORTISSIMO: 2.000.000€ para experiencias de simulación numérica ao alcance das Pemes ibéricas


A Comisión Europea identificou dentro do seu programa de Factorías do Futuro que a modelización e simulación é unha ferramenta clave para a competitividade das pequenas e medianas empresas da manufactura Europea, xunto con outras Tecnoloxías da información e as Comunicacións, como a robótica. Por isto, creouse a iniciativa denominada I4MS (ICT Innovation for Manufacturing SMEs – InnovaciónTIC para las PYMEs manufactureras) onde está financiando diversos proxectos avaliadores das posibilidades destas tecnoloxías. Dentro deste programa, o centro de infraestruturas e servizos CESGA, encárgase de facilitar a preparación de propostas de experiencias por parte das pemes de España e Portugal para o proxecto FORTISSIMO. Despois do éxito acadado na primeira convocatoria, onde se financiarán 7 experiencias lideradas por empresas españolas, o proxecto FORTISSIMO lanza unha segunda convocatoria con 2.000.000€ de financiación para incorporar máis experimentos innovadores complementarios aos existentes liderados pola PEME.

FORTISSIMO. Un servizo de computación de altas prestacións (HPC) en Cloud para empresas

O proxecto FORTISSIMO financia experiencias innovadoras para contribuír ao deseño e á demostración do potencial dun conxunto de servizos de computación de altas prestacións en Cloud. O principal obxectivo de FORTISSIMO é facilitar á industria manufactureira europea, principalmente PEME, o beneficiarse das vantaxes competitivas e a eficiencia do uso da simulación. Isto conseguirase a través da provisión de servizos de simulación soportados nunha infraestrutura Cloud basada sobre contornos de computación de altas prestacións (HPC).

FORTISSIMO
fará accesible os servizos avanzados de simulación aos usuarios industriais (manufactureiros, pero tamén enxeñarías) empregando o concepto de “Xanela única”, onde o hardware, software, coñecemento técnico, visualización e ferramentas estarán facilmente accesíbeis ou, para os provedores de software independentes ou de servizos de simulación, a migración das súas aplicacións e a súa proba nun contorno controlado, coa axuda dos centros de competencia do proxecto, para a súa execución en Cloud para HPC.

Actualmente en FORTISSIMO estanse executando 20 casos de usos industriais. A partir de xullo de 2014 arrancarán outros 22 novos casos seleccionados na primeira convocatoria.

FORTISSIMO
  busca agora máis experiencias para investigar e demostrar os servizos de simulación para manufactureiras e enxeñarías, complementarios aos  xa existentes.

FORTISSIMO. Busca novos experimentos de simulación FORTISSIMO busca novas experiencias de investigación e demostración, relevantes desde o punto de vista do negocio dos servizos de simulación para manufactura e enxeñaría, que utilicen o seu entorno Cloud de HPC. Para isto abriu este mes de maio unha convocatoria de novos experimentos coas seguintes características: 

  • Financiación Total: 2 millóns de Euros

  • Financiación máxima por cada experiencia: Máximo 250.000€

  • Data límite para enviar propostas: 18 de xuño de 2014 ás 17:00 CET

  • Datas previstas para a execución: de 1 de xaneiro de 2015 a 30 de xuño de 2016

  • Características:
    o   Proxectos relevantes desde o punto de vista do negocio que teñan potencial para xerar oportunidades e beneficios ás PEMEs manufactureiras a través do uso de servizos de simulación no Fortissimo HPC Cloud.
    o   Darase prioridade a experiencias complementarias ás xa existentes. 
    o   A experiencia debería incluír a todos los participantes necesarios na cadea de valor para la execución da mesma e a realización dos servizos (usuarios, expertos, provedores de software, etc.). Estes servizos teñen que estar baseados no uso de recursos de computación de altas prestacións (HPC) xa ofrecidos pola infraestrutura de Fortissimo. 
As empresas interesadas en propoñer casos de uso e acceder a esta financiación poden contactar con CESGA a través de fortissimo@cesga.es

Sesións Informativas para as PEMEs e ENXEÑARÍAS
.

As empresas que o desexen tamén poderán informarse detalladamente a través dos webinar públicos que se celebrarán:  - O mércores 14 de maio de 2014 ás 11:00 CET. En inglés. Hai que rexistrarse
- O luns 19 de maio ás 11:00 CET. En inglés. Hai que rexistrarse 
- O mércores 21 de maio de 2014 de 11:00 a 12:00h CET. En castellano. Hai que rexistrarse 

Sobre o PROXECTO FORTISSIMO.

O Proxecto FORTISSIMO pretende dinamizar a innovación nas PEMEs manufactureiras e enxeñarías europeas a través do uso de infraestruturas Cloud para computación de altas prestacións. O Proxecto FORTISSIMO está parcialmente financiado polo Sétimo Programa Marco da Unión Europea (FP7/2007‐ 2013) baixo o contrato n°609029.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies