None
Lino Cobas (Grupo Femxa), presidente do grupo de traballo de Formación, está convencido de que este eido de actividade é fundamental para “que as entidades adheridas ao Cluster TIC Galicia poidan posicionarse tanto no ámbito autonómico, coma no nacional e internacional”. Neste sentido, Formación “tratará de que os asociados aproveiten a potencialidade do Cluster para alcanzar un maior desenvolvemento e ser máis competitivos”.
Cobas entende que o grupo está aínda en fase de consolidación, despois de ter celebrado catro sesións de traballo. Non obstante, nesas xuntanzas quedou claro o compromiso de todos os integrantes do equipo de converter o grupo de traballo “no órgano consultivo en materia de formación para o Cluster, así como a referencia para as propias entidades que se agrupan na nosa organización”.
O grupo ten en marcha un proxecto para o deseño do mapa das necesidades formativas das empresas do Cluster. “Para iso, elaboramos un cuestionario de detección de necesidades que será difundido en próximas datas, e a partir do cal se plantexará unha proposta formativa avanzada e adaptada ás necesidades TIC”, explica Cobas, quen engade que “Formación considera crítico poder desenvolver un modelo para a xestión da formación das empresas TIC que sirva para fortalecer a súa competitividade nestes tempos de dificultades”.
Ademais do desenvolvemento dese plan, e segundo o seu presidente, o grupo plantéxase a curto e medio prazo “posicionarse ante as administracións públicas galegas como referente e interlocutor en materia de formación TIC, sempre aliñado coa estratexia marcada polo Comité Estratéxico do Cluster”.
None
Comments