O presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo (Ferrol, 1973), foi entrevistado o pasado 22 de xullo polo diario La Voz de Galicia. Suárez asegura que "Galicia pode presumir moito da formación e do talento dos seus informáticos". "A informática segue sendo un sector moi puxante. A crise tamén se nota porque damos servizos a moitas empresas de moitos sectores. Pero o nivel de desemprego é moi baixo. Entre os nosos colexiados non chega ao 2%", comenta.
Ler a nova completa, no diario La Voz de Galicia.
Comentarios