Everis e Gradiant inauguran a nova sede da “eHealth Joint Knowledge Centre”

Everis e Gradiant inauguran a nova sede da “eHealth Joint Knowledge Centre”



























Hoxe abriuse a nova nova sede do eHealth Joint Knowledge Centre (eJKC), a Unidade Mixta constituída por everis e Gradiant en colaboración coa Fundación Ramón Domínguez. Esta Unidade Mixta promoverá liñas de investigación e desenvolvemento tecnolóxico no ámbito da eSaúde, tendo como obxectivo principal a innovación TIC para mellorar a calidade de vida dos pacientes e facilitar o traballo dos profesionais da Saúde.  

O eJKC poñerá en valor a calidade científico-técnica galega para desenvolver liñas de traballo en torno ás necesidades tecnolóxicas dos sistemas sanitarios do futuro. Na área de envellecemento activo, que é unha prioridade non só en Galicia senón en toda Europa, estudaranse  tecnoloxías que doten de maior independencia ás persoas maiores, facilitando a súa autonomía na vida diaria e a súa relación co sistema sanitario. No que respecta a novos modelos de práctica clínica, o eJKC está desenvolvendo iniciativas para dotar aos oncólogos de sistemas intelixentes de apoio na selección de tratamentos personalizados baseados na evidencia e na análise de grandes volumes de información, ao tempo que se favorece unha comunicación constante co paciente a través de tecnoloxías móbiles.

Na inauguración participaron o Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde López e a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, xunto a David Vázquez Cortizo, Director Xeral de Gradiant, e Sergi Biosca, Socio Responsable de Sector Público e Health de everis en Europa. Os responsábeis do eJKC, Helena Fernández, directora da área de eSalud de Gradiant e Iago Muleiro, xerente de Health en everis, foron as persoas encargadas de guiar unha visita polas instalacións e presentar algunha das liñas de traballo que se están desenvolvendo. Unhas modernas instalacións recentemente acondicionadas para o bo funcionamento da entidade e a comodidade dos seus traballadores e traballadoras.

O proxecto,  que conta cunha inversión total de 2 M €, ten o respaldo da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) -dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia-, que aporta cerca de 650.000 Euros á citada Unidade Mixta a través do Plan I2C. Coa posta en marcha desta Unidade Mixta contémplase a creación de ao redor de quince novos postos de traballo de alta cualificación no sector das TIC aplicadas á saúde, e ademais favorecerase o desprazamento de enxeñeiros e técnicos especializados a Galicia.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies