Estratega e Tecnocom crean a Oficina Técnica para a definición da estratexia de financiamento do sector

Estratega e Tecnocom crean a Oficina Técnica para a definición da estratexia de financiamento do sector


A oferta presentada de forma conxunta polas empresas Estratega Consulting Global e Tecnocom foi a mellor valorada polo Grupo de Traballo Políticas de Subvencións TIC e Plan Económico Financeiro para desenvolver o labor de Oficina Técnica encargada de traballar xunto ao Cluster TIC Galicia na definición da estratexia de financiamento do sector TIC para o vindeiro 2012.

O venres 15 de xullo valoráronse as ofertas presentadas por Azetanet, AETC-INEO, Atos e Tecnocom-Estratega. Finalmente foi a última a que recibiu a mellor puntuación segundo os pregos do concurso, resultando polo tanto a adxudicataria do contrato.

A contratación tiña por obxecto dispor dunha Oficina Técnica para apoiar ao Cluster TIC Galicia nos seus traballos para a definición dunha proposta de estratexia de financiamento do sector.

En concreto, trátase dun labor que se vai levar a cabo cos distintos axentes do sector TIC un traballo encomendado pola Xunta de Galicia ao Cluster TIC por medio do convenio marco asinado a finais de xuño. Esta estratexia deberá empregar do xeito máis eficaz os recursos cos que conta a Administración galega dentro do seu marco de apoio ao sector, así como maximizar a captación de financiamento fóra da nosa comunidade autónoma.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies