Entrevista a Luz Castro

Entrevista a Luz Castro


Luz Castro, socia e directora do departamento de multimedia de imaxin|software.
Enxeñeira en Informática pola Universidade da Coruña e profesora interina na Facultade de Ciencias da Comunicación na UDC.
Fun vicepresidenta de Eganet e participei no primeiro Comité de Dirección do Cluster TIC.

I Premio Ada Byron do CPEIG.

Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o obxectivo principal a acadar durante o seu mandato? 

As empresas pequenas que nos presentamos de forma conxunta ao comité de dirección facemos fincapé na necesidade dun Clúster TIC que fomente o crecemento, a cooperación e a participación empresarial, xerando negocio, ofertando servizos útiles e fomentando grupos de traballo de interese para todas as empresas socias nunha mesa común que defenda e apoie os intereses tanto das grandes como das pequenas. 

Coa responsabilidade acadada como membro do CODI, qué obxectivos se marca? 

 Algunhas tarefas e responsabilidades aínda están por definir, varias persoas temos asignada a tarefa conxunta da xestión do mapa de produtos TIC. O obxectivo a acadar será o coñecemento e posta en valor dos produtos e servizos das empresas socias, tanto internamente como de cara á internacionalización.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies