Entrevista a Luis Alberto Hermida-Cachalvite Manzano

Entrevista a Luis Alberto Hermida-Cachalvite Manzano


Luis Alberto Hermida-Cachalvite Manzano, Licenciado en Economía pola facultade de CC.EE. e EE. de Vigo e  MBA Executive pola Universidade Antonio Nebrija. É auditor de Interno Calidade e PRL en diversas entidades privadas. Desde maio de 2005 até marzo de 2007 foi xefe de equipo en auditorías contables e de revisión de subvencións cofinanciados por fondos FEDER e fondos FSE. Certificación e revisión de gastos dentro de diferentes programas sectoriais da Unión Europea, especialmente os pertencentes ao VII Programa Marco. Os últimos 7 años traballou como Responsable de Planificación e Control de Egatel e desde 2013 é o Director de Finanzas e Control da compañía.

Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o principal obxectivo a acadar durante o seu mandato?
Estamos nun momento especialmente importante para o Clúster, posto que debemos entrar nunha fase de consolidación que nos permita ser recoñecidos como o sector estratéxico que somos e como un dos motores económicos de Galicia. O principal obxectivo é dar maior posicionamento ás compañías que fabricamos hardware dentro do Clúster e aumentar o posicionamento do Clúster tanto a nivel nacional como internacional.

Coa responsabilidade acadada como membro do CODI, qué obxectivos se marca?
Desde Egatel queremos traballar para que o Clúster sexa recoñecido como un referente tecnolóxico no CDTI, tanto a nivel autonómico como nacional. Ademais queremos chegar a establecer unhas boas e frutíferas relacións cos diferentes Clústeres existentes en Iberoamerica. Grazas a estas dúas tarefas, o noso obxectivo é que o Clúster chegue a ser o líder dos grandes proxectos de colaboración tecnolóxica auspiciados polo CDTI  (Iberoekas) e establecer a ponte necesaria para a colaboración dos nosos socios  con entidades e compañías Iberoamericanas.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies