Entrevista a Alfredo Ferreiro

Entrevista a Alfredo Ferreiro


O meu nome é Alfredo Ferreiro, teño  44 anos e son Enxeñeiro  Superior de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Síntome afortunado, pois tiven a gran sorte de poder desenvolver, durante os últimos 20 anos, o 100% da miña carreira profesional en Galicia, desempeñando diversas funcións de responsabilidade, tanto técnicas, como de vendas ou de xestión, nalgunha das grandes multinacionais do sector. Actualmente desempeño o  cargo de Director da Delegación de Hewlett Packard en Galicia.

Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o obxectivo principal a acadar durante o seu mandato?


Creo que o Clúster está pasando por un dos momentos máis importantes  desde a súa creación, dada a aprémante necesidade de conseguir e construír un sector unido, que actúe como un dos elementos tractores básicos da economía en Galicia. Isto, xunto á necesidade de subirse ao carro da especialización (RIS3) e ao impulso que se lle está dando ao sector TIC desde a Administración, dotan ao Clúster dunha enorme importancia, pero tamén dunha grande responsabilidade.
A xestión eficaz destes desafíos, apostando pola especialización e pola xeración de proxectos que sexan capaces de dinamizar o desenvolvemento do resto de sectores industriais galegos, debería ser a prioridade principal do clúster durante os próximos anos.

Coa  responsabilidade acadada como membro do CODI, que obxectivos se marca?

Desde a Vogalía que me foi asignada, a principal tarefa a desenvolver será a xestión das relacións coas multinacionais do sector, analizando cales poden ser os seus intereses e necesidades, cómo podería debuxarse un marco de relación co Clúster interesante para ambas partes e, por tanto, de qué maneira poderían plasmarse estas iniciativas en forma de convenios de colaboración que xeren resultados obxectivos.

Unha segunda tarefa, tamén importante, será establecer una liña de comunicación fluída co CDTI, de maneira que consigamos que teñan en conta ao Clúster como un actor importante dentro do mapa TIC español.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies