Entrevista a Alejandro Lamas Pérez

Entrevista a Alejandro Lamas Pérez


Alejandro Lamas Pérez é licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela.

Traballou como consultor para Dragados e Adantia, e desde o 2005 ocupa o posto de director de Sixtema, empresa con sede en Santiago de Compostela, especializada en Sistemas de Información Xeográfica.

Actualmente compaxina o seu cargo en Sixtema co de responsable de proxectos en Taptil, selo de desenvolvemento de aplicacións móbiles.

Que destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o obxectivo  principal a acadar durante o seu mandato?


O Clúster actualmente conta cunha importante masa asociativa, o que o converte nun referente no sector TIC. Pero elo tamén fai que aumente as súas responsabilidades tanto para actuar como un interlocutor válido como para representar os intereses dos seus asociados. Por outra banda, actualmente hai unha importante presenza de Pemes como socias, o que reflexa a realidade do sector en Galicia. Un dos obxectivos será dar suficiente visibilidade a estas empresas, que contan cun alto grado de especialización, e poden aportar un elevado valor engadido ós proxectos. Por elo, traballaremos para habilitar e fomentar mecanismos de colaboración entre empresas, que sirva para fortalecer a tódolos socios.

Coa responsabilidade acadada como membro do CODI, que obxectivos se marca?

Desde hai anos, as empresas do sector están cada vez máis orientadas a produtos, pero segue existindo un baleiro á hora de tentar acceder a un catálogo que aglutine toda a información destes. Desde o Clúster comezouse a traballar para recopilar toda esa información dos seus asociados, co obxectivo de crear un mapa de produtos. Este mapa, máis alá do seu eminente valor como ferramenta comercial, servirá para detectar as fortalezas e debilidades do sector, o que a súa vez marcará as liñas de actuación do Clúster, fomentando aquelas áreas nas que as empresas están máis focalizadas, e potenciando aquelas nas que, habendo demanda, non existe actualmente tanta presenza de produtos

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies