Enquisa para mellorar o proxecto MeteoSIX

Enquisa para mellorar o proxecto MeteoSIX


Dende MeteoGalicia e o Centro de Supercomputación de Galicia estase traballando para mellorar os resultados obtidos có proxecto MeteoSIX e por elo agradecemos que nos aporten as súas respostas ás preguntas que consideren convintes:

  • ¿Qué suxerirían para mellorar o servizo? Por favor explíqueno o máis detalladamente posible (frecuencia de subministración de información, formato empregado, etc).
  • ¿Coñecen a aplicación de Meteosix para Android? ¿Que suxerirían para mellorala?
  • ¿Coñecen a aplicación de Meteosix para iPhone/iPad? ¿Que suxerirían para mellorala?
  • ¿Que outra información meteorolóxica ou oceanográfica podería ser de interese para vostedes e/ou os seus clientes actuais ou potenciais? ¿De que forma podería servirse: a través de web, de app para móbil...?
  • ¿Sería útil para vostedes ter unha xornada colectiva de formación sobre o proxecto, e en concreto sobre as aplicacións e servizos de MeteoSIX: API, as aplicacións para móbiles, outros servizos de datos de predición (THREDDS, WMS...), próximos servizos de datos de observación (de estacións, boias, radar...) e en xeral sobre o acceso a calquera tipo de información de MeteoGalicia? (Especifiquen se lles interesaría algún tema en particular).
  • ¿Sería útil para vostedes ter unha reunión individualizada de formación sobre o proxecto?
Envíen as súas respostas a eneira(arroba)cesga.es

En caso de estar interesados/as en formación adicional sobre MeteoSIX, agradeceriámoslles que nos indicasen o nome, teléfono e correo electrónico dunha persoa de contacto na súa organización para poder xestionar axeitadamente esta petición.

Henrique Neira
eneira(arroba)cesga.es
981569810 ext 247

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies