Empresas e grupos de investigación traballan xa en propostas da Axenda de I+D+i do Cluster e Vindeira

Empresas e grupos de investigación traballan xa en propostas da Axenda de I+D+i do Cluster e Vindeira


Empresas e grupos de investigación tomaron parte o pasado martes, día 25, na xornada organizada por Vindeira e o Cluster TIC Galicia para avanzar cara a creación de consorcios que poidan obter financiamento de Fondos Tecnolóxicos. O encontro tivo lugar no centro CITIUS, da Universidade de Santiago de Compostela.

Os 45 participantes organizáronse en grupos para traballar sobre propostas de proxecto que forman parte da Axenda Estratéxica de I+D+i que comparten Vindeira e o Cluster TIC Galicia: Aula Internacional Interconectada, Aldea Dixital, Comercio do Futuro e Fidelización do Turista.

Os grupos de traballo debateron as características que deberían estar presentes en proxectos tecnolóxicos relacionados coas temáticas seleccionadas.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies