No marco dos traballos para a elaboración dunha proposta de financiamento do sector TIC galego para 2012, entre finais de xuño e principios de agosto desenvolveuse unha primeira rolda de mesas de debate, que tiña por obxectivo recoller as opinións, visión e sensibilidades dos diferentes actores. Dentro do plan de traballo da oficina técnica que está a elaborar a proposta está prevista unha segunda serie de reunións, para a primeira metade de setembro.
A rolda iniciouse o día 27 de xullo, cunha primeira mesa de debate á que foron convocadas as asociacións empresariais. Xunto a elas, e por afinidade temática, foi invitada tamén a plataforma tecnolóxica Gradiant. A seguinte xuntanza tiña por obxectivo recoller a visión dos profesionais, para o que se convocou aos colexios integrados no Cluster. Celebrouse o 5 de agosto e nela traballouse con dúas fichas-enquisa diferentes, para recoller por unha banda as opinións dos profesionais como tales e por outra, á dos colexios en tanto que institucións.
O ciclo pechouse o día 11 de agosto, cunha terceira mesa de debate reservada ás empresas socias do Cluster. De cara a axudar ás empresas a preparar a súa participación na mesa de debate, e como ferramenta para que as que non puideran asistir tiveran a oportunidade de aportar as súas opinións, a oficina técnica elaborou un formulario que foi remitido a todos os socios.
A confección dunha estratexia de financiamento do sector TIC galego para 2012 foi encomendada ao Cluster pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia, a través dun convenio marco asinado por ambas as dúas entidades.
Comments