Egatel desenvolve para Eutelsat o novo terminal smart LNB que ofrece servizos de TV conectada vía satélite

Egatel desenvolve para Eutelsat o novo terminal smart LNB que ofrece servizos de TV conectada vía satélite



Eutelsat, un dos principais operadores de satélites e provedor clave de servizos de radiodifusión e banda ancha, apostou por este innovador produto para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada.

O smart LNB abre a porta a unha ampla gama de servizos, tales como aplicacións M2M vía satélite que van máis alá da televisión lineal tradicional. O smart LNB é un dispositivo electrónico de última xeración equipado con un novedoso transceptor conectado á antena parabólica. O transmisor baséase nun estándar aberto e emprega un enlace de retorno de banda estreita optimizado para transmisións curtas cun ciclo de traballo baixo.

Entre a ampla gama de servizos que ofrece, inclúese: operacións de pago, servizos baseados no consumo de contidos á carta, domótica, HbbTV, pay-per-view, redes sociais, participación en programas en directo, xestión de suscripcións e medición de audiencias.

Tamén permite enrutar os datos IP, contidos nun mux DVB-S2, de forma que se poidan ofercer servizos de visualización multipantalla de canles de vídeo IP, proporcionando un enlace IP bidireccional transparente compatible coas aplicacións existentes, ao tempo que soporta as aplicacións avanzadas proporcionadas polo operador satélite.

A capacidade de recibir / transmitir datos IP tamén promove o despregamento de aplicacións emerxentes, como a e-Saúde ou as casas intelixentes. A crecente demanda de servizos sanitarios no fogar, combinada co control de custos, proporciona as condicións ideais para adoptar as vantaxes proporcionadas polas aplicacións M2M. O seguemento a distancia de enfermidades crónicas, servizos de asistencia para persoas maiores e o control de pacientes a través de solucións de cuidado no fogar son algunhas das aplicacións esenciais que poden axudar ao ecosistema da saúde e facer frente a este reto. Todo isto conséguese simplemente conectando o Smart LNB aos sensores persoais que teña o usuario no seu domicilio e que recollen diferentes medidas, como o peso, presión arterial, niveis de glucosa, etc.

No que se refiere a casas intelixentes, pódense controlar o consumo de enerxía e guíar o uso da electricidade, auga quente e calefacción mediante medidores intelixentes. A conexión destes equipos ao smart LNB permitirá coñecer en tempo real o consumo enerxético. A detección de despilfarros de enerxía e a corrección de malos hábitos tradúcense directamente en aforro e emisións de CO2 máis baixas.

O smart LNB tamén ten aplicacións no mercado profesional como o sector das Utilities. Sobre a base de empregar unha transmisión de baixa velocidade, o satélite convírtese nunha plataforma rentable e fiable para entregar automáticamente datos dende puntos remotos dentro dunha rede, incluso non tripulado. Por outra parte, este tipo de comunicacións M2M a través de satélite pódese integrar fácilmente coas aplicacións SCADA para o control, xestión e seguemento de distintos activos e recursos das Utilities.

A pesar de que as prestacións que ofrece o Smart LNB están máis próximas a un terminal profesional, trátase en realidade dun dispositivo destinado ao mercado de consumo. Foi deseñado como unha solución de baixo custe para proporcionar servizos interactivos e aplicacións M2M a millóns de usuarios. É totalmente compatible cos terminais que xa estén actualmente instalados nos fogares, polo que se poderá acceder a todas as aplicacións que smart LNB ofrece mediante unha sinxela actualización.

A experiencia de Egatel no deseño de sistemas dixitais e desenvolvemento de equipos de Radiofrecuencia, contrastada pola súa traxectoria no deseño e fabricación de transmisores de TV Dixital, fará posible o desenvolvemento do smart LNB nun curto prazo de tempo. A primeira serie comercial estará dispoñible no segundo semestre do 2014.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies