Ednon celebrará o 26 de xuño o Seminario Técnico “Virtualización de rede”

Ednon celebrará o 26 de xuño o Seminario Técnico “Virtualización de rede”



O evento terá lugar no Centro Demostrador TIC de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013.- Ednon, unha das principais empresas do sector TIC de Galicia, organiza esta xornada destinada a CIOs e Responsables de redes e comunicacións de empresas e administracións públicas.

Os asistentes terán a oportunidade de coñecer VENA (Virtual Network Enterprise Architecture) de Avaya, coa que poderán deseñar a sua propia infraestrutura “Cloud” reducindo e simplificando o deseño, o despregue e a xestión. Esta tecnoloxía basada en estándares permitiralle convertir a sua rede de campus ou/e do Data Center nun verdadeiro Ethernet Fabric, permitindo así unha virtualización total da sua rede, independizando os servizos  da infraestrutura física.


A axenda do evento é a seguinte:

10.45 - Rexistro asistentes.
11.00 - Benvida.
11.15 - Presentación “Melloras que introduce a virtualización de rede nas organizacións.” Jordi Oliveras. Responsable de Enxeñaría da Área de Rede de Avaya
12.15 - Demostración Técnica. Jordi Oliveras. Responsable de Enxeñaría da Área de Rede de Avaya
13.15 - Rogos e preguntas.
13.30 - Clausura.
13.45 - Cóctel   Poden realizar a inscrición a través do seguinte enlace: http://cdtic.xunta.es/es/virtualizacion

Acerca de Ednon
Ednon é unha empresa integradora de servizos avanzados de tecnoloxías da información e a comunicación. Fundada no ano 2004, e de capital privado independente, opera en todo o territorio español a través das suas oficinas en Santiago de Compostela, Valladolid e Madrid. A nivel internacional encontrase presente en Panamá.

Ednon ofrece servizos de centro de atención a usuarios, soporte e mantemento, integración de sistemas e comunicacións, outsourcing e infraestruturas.

Máis información en www.ednon.com.  

Comunicación: Iria Coello. E-mail: iria.coello@ednon.com. Tel: 981.552.700. Móbil: 608.962.736. 

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies