DISASHOP presentou na Super Mobility Week de Las Vegas, EEUU o seu kiosko autoservizo para a venda de produtos electrónicos prepago

DISASHOP presentou na Super Mobility Week de Las Vegas, EEUU o seu kiosko autoservizo para a venda de produtos electrónicos prepago


O líder en distribución de produtos electrónicos prepago, DISASHOP, con sede en Betanzos, foi unha das cinco empresas españolas participantes na Super Mobility Week 2014 que tivo lugar na cidade estadounidense de Las Vegas os días 9, 10 e 11 de setembro.
Celebrada de forma anual, a Super Mobility Week é a feira internacional de telefonía móbil máis importante de Norteamérica e nela preséntanse as últimas novidades e innovacións do sector.
Calcúlase que acudiron ao evento un total de 40.000 profesionais das telecomunicacións e o acto foi cuberto por máis de 1.000 medios de comunicación procedentes de todo o mundo.
DISASHOP presentou nesta feira a adaptación do seu exitoso terminal autoservizo para o mercado estadounidense. Estes terminais fabrícanse integramente na súa planta de Coirós (A Coruña), contando na actualidade con máis de 2.500 unidades instaladas nos 5 países nos que a multinacional está presente.
Ao evento asistiron os directivos da matriz galega así como da filial americana. Trátase dunha clara aposta polo crecemento e consolidación da compañía nos EE.UU, actualmente con sede en Miami e operacións en 8 estados.
A participación foi un éxito e permitiu o peche de contratos con algunhas das principais operadoras de telefonía móbil do país para a subministración de produtos electrónicos, como recargas prepago ou pinless. DISASHOP chegou tamén a acordos en firme con algún dos maiores distribuidores do país para a venda dos seus terminais autoservizo.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies