Datalawyers asina un convenio de colaboración con DEV

Óscar Santos Rodríguez,

Datalawyers asina un convenio de colaboración con DEV


O despacho de avogados galego Datalawyers, dirixido por Xosé Manuel Rey Piñeiro e Eva Rivera Fernández, que desde 2003 desenvolve a súa actividade no ámbito do dereito nas TIC, propiedade intelectual, videoxogos, cultura interactiva e privacidade, acaba de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Española de Empresas Produtoras e Desenvolvedoras de Videoxogos e Software de Entretemento, DEV, en virtude do que se ofrecerá un servizo gratuíto de resolución de consultas xurídicas aos socios adheridos de DEV (estudos indies), que tamén poderán disfrutar de descontos nos seus servizos xurídicos.

Datalawyers xa viña colaborando con DEV de maneira informal desde fai varios anos, prestando apoio a múltiples estudos independentes españois. Coa firma do convenio, consolídase dita relación, contribuíndo a profesionalizar aínda máis o funcionamento dos estudos españois de desenvolvemento de videoxogos e ocio dixital.

DEV representa ás empresas que desenvolven videoxogos en España, un sector que lidera o ocio a nivel de mercado, pese a que aínda non conseguíu consolidarse como unha industria propia acorde ao seu volume de negocio, de aí que sexa preciso que os axentes neste dinámico sector en continua innovación teñan que movilizarse na defensa dos seus intereses, ao que agora contribuirá a firma Datalawyers co seu asesoramento.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies