CPEIG: O colexio pon en marcha, en colaboración coa Xunta, a iniciativa navega con rumbo polo ciberespazo

CPEIG: O colexio pon en marcha, en colaboración coa Xunta, a iniciativa navega con rumbo polo ciberespazo





A iniciativa navega con rumbo polo ciberespazo ten o obxectivo de que máis de 5.000 alumnos/as aprendan a navegar con seguridade en internet e eviten o ciberacoso. A páxina específica www.navegaconrumbo.es axuda a escolares, nais, pais e profesores a un uso responsable das TICs.



Colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) comezaron a semana pasada a visitar centros de ensino para realizar charlas divulgativas ao abeiro do programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo, en colaboración coa Xunta de Galicia. En total, estímase que uns 5.000 alumnos de toda a comunidade aprenderán a navegar con tino por Internet. Evitar os riscos da rede e, ao mesmo tempo, espremer as súas potencialidades son os obxectivos do programa.

As sesións formativas teñen unha duración aproximada de unha hora e apóianse en material divulgativo ideado polo propio colexio. Ata finais do presente ano, un total de 100 centros adscritos ao Proxecto Abalar acollerán as charlas divulgativas do CPEIG. Tres guías, unha dirixida ao alumnado; outra aos profesores e unha terceira para os pais e nais recollen, dun xeito ameno, información de interese, suxestións e ligazóns. En conxunto distribuiranse 25.000 guías. Ademais, a web específica www.navegaconrumbo.es serve de apoio á iniciativa do órgano colexial.

O programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo desenvólvese no marco do convenio establecido entre o CPEIG e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Esta actuación forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia.

Fonte: Páxina oficial do CPEIG

Ler texto completo

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies