Co obxectivo de reforzar a súa estratexia de especialización sectorial, Coremain vén de dar un novo paso coa incorporación de dous profesionais, que asumen a responsabilidade de liderar o desenvolvemento de negocio en dous dos sectores clave polos que ten apostado a compañía: Sanidade e Telecom.
A compañía que xa é un referente no ámbito sanitario, xa que contribuíu cos seus proxectos á modernización dos sistemas informáticos da sanidade española, vén de incorporar a José Outón Bouzas, quen atesoura máis de 20 anos de experiencia no sector e posúe formación específica na área sanitaria, para responsabilizarse do desenvolvemento de negocio neste ámbito.
A carreira profesional de José Outón está intimamente ligada ao ámbito das TIC aplicadas ao sector sanitario, con especial énfases na mellora da xestión e atención aos pacientes por un lado e a obtención da mellor performance para as institucións, polo outro.
José Outón posúe ademais unha marcada orientación aos mercados internacionais pois dirixiu a aposta e internacionalización de varias compañías, con grande experiencia en LATAM e Norte de África, capacidades que encaixan perfectamente cos obxectivos de Coremain que recentemente abriu delegación en México DF, onde comezou a súa actividade comercial.
Así mesmo cabe lembrar que, en aras de reforzar a especialización, a compañía adquiriu a mediados de ano a liña de telecomunicacións da empresa Discalis, polo que á hora de seleccionar un responsable para o desenvolvemento de negocio no sector Telco, apostou por un home da casa, trátase de Manuel Rodríguez Torrecilla, que posúe máis de unha década de experiencia en marketing e vendas do sector das Tecnoloxías da Información.
Este executivo, durante a súa última etapa en Discalis, impulsou o negocio do sector telco tanto a nível nacional como internacional, e contribuíu tamén a lograr a consolidación, o recoñecemento e a visibilidade desta compañía como consultora experta na optimización de sistemas das operadoras.
Comments