Coremain adquire a liña de negocio de telecomunicacións de Discalis

Coremain adquire a liña de negocio de telecomunicacións de Discalis


Este movemento reforza a estratexia de especialización iniciada a principios de 2013 e focaliza en tres sectores principais: sanidade, onde Coremain acumula máis de vinte anos de casos de éxito e referencias; educación, con importantes proxectos tanto no sector público como no privado e cunha importe e recente alianza coa compañía galega Netex; e telecomunicacións, onde Coremain xa está presente nalgúns dos máis importantes xogadores a nivel nacional e que se ve reforzada co talento dos profesionais de Discalis, que aportan máis de 10 anos de experiencia en xestión de proxectos a nivel nacional e internacional, sendo ademais a única peme española con certificación BMC Consulting Partner.

A certificación de BMC, unida á capacidade de Coremain, con máis de 50 profesionais con certificación en ITIL, reforza ademais a aposta de Coremain por México, entre outros, como mercado de oportunidades no sector tecnolóxico tanto en servizos como en produtos.

O obxectivo da compañía é continuar no seu proceso de transformación empresarial, que permitiu pechar o ano 2013 co resultado positivo e cos éxitos a nivel internacional en dous sectores de gran percorrido como o de tecnoloxías aplicadas á sustentabilidade e ao turismo. Non se descartan máis movementos na liña de consolidación de proxectos empresariais na nosa rexión, algo que sempre se defendeu desde a dirección da compañía, para permitir apostar por proxectos e mercados de gran tamaño.

A operación complétase coa incorporación dos directivos de Coremain, Tito Barreiro e Luis Sestelo, ademais da propia Discalis, ao accionariado da compañía con sede en Santiago.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies