Convocado o grupo de traballo para avanzar na elaboración do Plan de Internacionalización

Convocado o grupo de traballo para avanzar na elaboración do Plan de Internacionalización


Tras o compromiso adquirido polo Clúster TIC Galicia coa Consellería de Economía e Industria de elaborar un plan de internacionalización para o sector, tense convocado para o luns 30 de xaneiro unha reunión do grupo de traballo de Globalización e internacionalización por sectores.

A xuntanza terá lugar nas oficinas do Clúster, en Santiago de Compostela.

A idea da elaborar dun plan de internacionalización para o sector TIC galego foi presentada o pasado día 13 polo presidente do Clúster, Gerardo Crespo Riestra, ante o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, quen manifestou o seu apoio á iniciativa.

A saída a mercados exteriores é unha das prioridades do sector, segundo demandan as propias empresas e segundo recolle o Plan Estratéxico 2011-2013 do Cluster TIC Galicia.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies