Convocada Asemblea Xeral Extraordinaria para o 4 de novembro

Convocada Asemblea Xeral Extraordinaria para o 4 de novembro


Os membros do Cluter TIC Galicia están convocados á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o vindeiro 4 de novembro en Santiago de Compostela, na sede da Obra Social de Novacaixagalicia sita en Praza de Cervantes número 17. O inicio da asemblea está previsto para as 9:30 horas en primeira convocatoria ou ás 10 horas en segunda.

Nesta xuntanza elixirase o novo presidente do Cluster, así como os membros do Comité Estratéxico (COES), segundo a orde do día establecida.

Os socios que desexen delegar a súa representación ou voto deben enviar o formulario correspondente debidamente cuberto a info@clusterticgalicia.com antes do día 31 de outubro.

Asemade, os socios que desexen presentar candidatura tanto para a Presidencia como para formar parte do Comité Estratéxico deberán aportar o documento correspondente antes do 31 de outubro ás 18:00 horas, podendo presentarlo por rexistro nas propias oficinas do Cluster TIC Galicia ou enviándoo por correo electrónico á dirección info@clusterticgalicia.com

Todas as candidaturas recibidas despois da data e hora indicadas non se considerarán presentadas.

Delegacion representación ou voto - Empresas grupo 1

Delegacion representación ou voto - Empresas grupo 2

Delegacion representación ou voto - Empresas grupo 3

Delegacion representación ou voto - Asociacións e Colexios

Modelo de presentación de candidatura á Presidencia

Modelo de presentación de candidatura ao COES

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies