Chema de la Torre novo director de tecnoloxía de Coremain

Chema de la Torre novo director de tecnoloxía de Coremain


O máximo directivo de Discalis, Chema de la Torre, incorpórase a Coremain como director de tecnoloxía, cerrando así o proceso de adquisición da liña de negocio do sector de telecomunicacións de Discalis por parte de Coremain. No acordo alcanzado incluíase a incorporación de este executivo ao comité de dirección  e ao consello de administración da consultora.

Chema de la Torre é enxeñeiro informático e desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no ámbito das TI. Inicialmente estivo vinculado a Comunitel Global até que a compañía foi adquirida por Vodafone, no ano 2009, momento no que decidiu dedicarse por completo aos seus propios proxectos empresariais.

A súa traxectoria profesional está marcada polo seu carácter emprendedor, así no ano 2005, con 25 anos, fundou a súa primeira empresa no sector das tecnoloxías da información. Desde ese ano, creou distintas empresas tanto TIC, como é o caso de Discalis da que é o único socio e director xeral, como doutros sectores (hostalería, servizos...) ocupando en todas elas postos de relevancia, como director xeral ou conselleiro das mesmas.

Discalis inicia a súa actividade no 2006 e especialízase no sector Telco; até a data, veu prestando estes servizos a distintas operadoras, directamente ou a través de outros integradores consolidándose EBITDA ascendente de 2 díxitos, pouco despois da súa creación. A compañía foi dirixida por Chema de la Torre desde a súa constitución.

Cabe recordar que a alianza establecida entre ambas empresas responde á estratexia de especialización sectorial pola que se apostou desde Coremain coa incorporación de Luis Álvarez Sestelo, como máximo responsable da compañía.  O acordo favorece especialmente ao negocio orientado ao sector telco, no que Discalis aporta máis de 10 anos de experiencia en xestionar proxectos nacionais e internacionais.

O obxectivo de Coremain é seguir avanzando nesta liña de acordos corporativos que lle permitan reforzar a súa especialización sectorial, incorporando novos sectores e potenciando ademais o seu catálogo de produtos.

Consolídase a transformación

As cifras de cerre do primeiro semestre de 2014 confirman que o camiño tomado cara a especialización sectorial de Coremain é o correcto. A consultora pechou xuño cuns ingresos acumulados de case 8 millóns de euros e un crecemento continuo na cifra de EBITDA que pasa do 8% co que pechou 2013, nun 11% no que vai de 2014.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies