Chegan os Premios Eganet 2010

Chegan os Premios Eganet 2010


EGANET abre a convocatoria para os Premios Eganet’10. Unha iniciativa que vai pola VII edición e na que se aproveitará para celebrar o 10º aniversario da asociación.


O TIC é un sector en constante evolución e os Premios Eganet adecúan edición tras edición as súas categorías para que recollan a actualidade máis punteira. Nesta edición faise un recoñecemento especial e transversal en forma de Premios Globais aos proxectos presentados que fagan a mellor aposta nos ámbitos de: software libre, innovación, mobilidade e accesibilidade. Conceptos transversais que merecen un recoñecemento global. A estes 4 premios engádense as 8 categorías: E-Emprendedores; Software, Multimedia ou Web; Inclusión Dixital; Mellor Ambiente Laboral; Publicidade e Marketing OnLine, E-Commerce; Administración Electrónica e Educación Dixital.


O respaldo de máis de 600 empresas presentadas con máis de 800 proxectos nas seis edicións anteriores, avalan os Premios Eganet como un proxecto maduro, consolidado e de maior repercusión para o sector TIC galego.



Fonte: Eganet

Leer máis

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies