CENTUM R&T, primeira inversión do Club de Investidores do Clúster TIC Galicia

CENTUM R&T, primeira inversión do Club de Investidores do Clúster TIC Galicia


O pasado mes de novembro constituíse o Club de Investidores do Clúster TIC Galicia coa participación de 8 entidades fundadoras (Altia, Bahía Software,Clictic, Imatia, Itelsis, JDLV Inversores, Plexus e R)  que asumiron o compromiso de investir en start-ups galegas baseadas nas tecnoloxías da información e das comunicacións.
O Club presentouse na quinta edición do evento “Clúster TIC Capital Network-CCN”. Nesa edición presentáronse 9 propostas, e acábase de facer o primeiro investimento nunha delas.

A primeira aposta do club é polo proxecto empresarial de CENTUM Research&Technology. Unha compañía especializada no deseño, desenvolvemento e comercialización de sistemas aeronáuticos de misión, tanto para plataformas aeronáuticas tripuladas como drons, que se dirixen principalmente a operacións no ámbito das Emerxencias e a Seguridade.

LifeSeeker, o primeiro produto comercial de CENTUM R&T
LifeSeeker é un sistema aeronáutico concibido para o seu uso en misións de búsqueda e rescate que permite a localización das persoas a través do seu teléfono móbil. LifeSeeker xa foi probado con éxito a bordo de drons e helicópteros en entornas reais de alta montaña nos que, nunha extensión superior aos 100 Km2, localizáronse 4 obxectivos, previamente agachados por efectivos de unha axencia de seguridade, en menos de 40 minutos. Catástrofes como o pasado terremoto de Nepal son entornas nas cales LifeSeeker puede axudar a salvar vidas.

Os membros do Club Altia, Bahía Software, JDLV Inversores e Plexus, son os que cubriron esta rolda de inversión. A súa iniciativa tomouse de forma coordinada con Xesgalicia, que tamén participa na rolda. A entrada do Club de Investidores no capital de CENTUM R&T tamén arrastrou a outros inversores privados de renome nacional e internacional no sector aeronáutico, como o actual presidente do Cluster aeronáutico de Baviera, que acudiu á rolda de inversión despois da aposta do Club de Investidores do Clúster TIC.
A compañía pecha así a súa primeira rolda de inversión na que captou máis de 700.000€ entre empleados, Club de Investidores do Clúster TIC (200.000€), Xesgalicia (250.000€) e inversores privados e prepara xa unha segunda rolda para o segundo semestre de 2015.

Carteira de proxectos en estudo
O Club de Investidores continúa analizando outros 4 proxectos, un dos cales xa foi aprobado para a rolda final de negociación, previndo abrir unha nova convocatoria de presentación de proxectos no mes de xuño.

En medios:
Faro de Vigo | El Club de Inversores TIC apuesta por el sistema de rescate para drones

Expansión | El club inversor TIC se estrena con Centum R&T

Código Cero | Centum, primeira aposta firme do Club de Investidores do Clúster TIC

presspeople | Centum, primeira aposta firme do Club de Investidores do Clúster TIC

empresa+ | La primera apuesta es una compañía especializada en el diseño, desarrollo y comercialización de sistemas aeronáuticos de misión

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies