O vindeiro día 30 de xuño terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria, na que ademais planifícase unha charla previa na que a Axencia Galega de Innovación comentará a súa política de CPI para os vindeiros anos.
Charla sobre Compra Pública Innovadora da Axencia GAIN
O martes 30 de xuño, ás 16:00h, contaremos coa presenza de Pilar Morgade, Directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, que realizará unha breve intervención sobre os procesos de Compra Pública Innovadora (CPI) que impulsará a Axencia GAIN ao longo dos próximos anos. A charla está aberta a todos os socios interesados. Para facilitar o desenvolvemento desta actividade e a súa coordinación coa celebración posterior da Asemblea, agradécese confirmación de asistencia.
Asemblea Xeral Ordinaria
Día: 30 de xuño
Hora: 16:30 h en primeira convocatoria e 17:00 h en segunda convocatoria
Lugar: Rúa Lope Gómez de Marzoa, Edificio FEUGA, Santiago de Compostela
Orde do día
1. Lectura da acta anterior, e aprobación se procede
2. Ratificación de altas e baixas
3. Presentación e aprobación, se procede, do Informe de xestión do ano 2014
4. Presentación e aprobación, se procede, do Informe económico do ano 2014. Aprobación das contas anuais e proposta de resultado do exercicio 2014.
5. Presentación e aprobación, se procede, da proposta de actividades para o ano 2015
6. Proposta de cotas para o ano 2015, e aprobación se procede
7. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento previsto para o ano 2015
8. Rogos e preguntas
9. Lectura da acta da propia Asemblea, e aprobación se procede
Lembrámosvos que:
Comments