Bahía Software obtén a certificación CMMI nivel 3, unha das máis estritas e prestixiosas a nivel internacional

Bahía Software obtén a certificación CMMI nivel 3, unha das máis estritas e prestixiosas a nivel internacional


A compañía Bahía Software, especializada en Servizos de Consultoría e Tecnoloxías da Información, recibiu a acreditación 'Capability Maturity Model Integrated' (CMMI-DEV) de nivel de madurez 3 pola evolución e mellora dos procesos de desenvolvemento e mantemento do seu software.

Con esta distinción, Bahía Software pasa a formar parte do selecto grupo de empresas galegas que conseguiron e manteñen este prestixioso recoñecemento internacional. Para a compañía, que alcanzou en 2008 o nivel 2 de esixencia, a obtención da acreditación CMMI nivel 3 marca un novo fito na súa historia.

Por unha parte, supuxo a consecución do seu obxectivo clave na área de calidade para 2012 e, por outra, é o mellor recoñecemento á súa aposta pola I+D+i e a excelencia. Este estándar internacional, emitido polo Instituto de Enxeñaría do Software (SEI) da Universidade de Carnegie Mellon (EUA) e patrocinado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América, constitúe o referente máis estendido a nivel mundial no que respecta aos procesos relacionados coa construción de aplicacións informáticas e recoñece as "mellores prácticas" aplicadas a todo o ciclo de vida de proxectos de desenvolvemento de software.

A obtención da acreditación é o resultado dun compromiso constante coa calidade. Con ela non só garanten os procesos de desenvolvemento de software, tamén aseguran aos clientes de Bahia Software a transparencia no seguimento dos proxectos en curso, na definición dos sistemas, así como o rigor no cumprimento dos prazos acordados. O proceso necesario para alcanzar calquera dos niveis de madureza do CMMI dura aproximadamente 18 meses e require unha revisión exhaustiva dos procedementos operativos e a documentación xerada, así como entrevistas individuais con persoas de todos os niveis da organización.

Segundo Gustavo Gómez, directivo de Baía Software, "este recoñecemento certifica o éxito da metodoloxía e procedementos que fomos utilizando e mellorando dende máis de catro anos, cando obtivemos a acreditación CMMI nivel 2. A obtención do nivel 3 foi unha grande aposta para a compañía e un aval para os nosos produtos e servizos".

Fonte: Bahía Software

Nota de prensa

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies