Bahia Software prevé completar dentro do primeiro semestre de 2012 o proceso de mellora do seu sistema de calidade en desenvolvemento (CMMI), para pasar do nivel 2 que actualmene ten acreditado a compañía, ao nivel 3.
A compañía, membro do Cluster TIC Galicia, destaca na súa web que se trata dun “reto importante”, impulsado polo seu departamento de Calidade e a Oficina de Proxectos, pero no que é esencial a colaboración e participación de toda a organización.
O proceso para acadar o nivel 3 de CMMI-DEV implica, por unha banda, “avaliar o nivel de implantación e institucionalización dos procesos seguidos polas empresas que vaian formar parte do proxecto para o desenvolvemento e mantemento dos seus produtos” e, por outra, apoiar e asesorar a implantación do plan de mellora que resulte das avaliacións iniciais. Cómpre, asemade, capacitar ás empresas participanes, a través de sesións de formación específicas en temas relacionados coa mellora e calidade de porcesos.
Fonte: Bahia Software
Comments