Bahía Software ven de gañar o premio Eganet na categoría ‘Mellor aplicación de software’, polo seu produto BayDICOM Media, un sistema de importación e exportación de imaxe médica dixital en soportes físicos que xa se aplica no Instituto Catalán da Saúde, o Hospital Santa María de Lleida ou a Fundación Hospital Asil de Granollers, entre outros.
A empresa recibiu o galardón na gala da asociación Eganet que se celebrou o pasado mércores, 21 de decembro, en Santiago de Compostela.
Con Bay DICOM Media é posible recuperar imaxes do paciente do sistema informático e guardalas nun soporte de almacenamento convencional (CD, DVD, USB o SD) para lelas con calquera software compatible co estándar de imaxe médica (DICOM).
O soporte incúe, ademáis das imaxes dixitais, os informes médicos, así como os datos do paciente. Deste xeito facilítase a integración da imaxe médica e dos informes entre sistemas públicos e hospitais concertados e privados, ao tempo que se conserva a trazabilidade no manexo da información, garantindo a confidencialidade e a protección de datos. Este sistema tamén permite ao propio paciente a consulta da súa historia médica.
BayDICOM Media xa fora premiada como mellor solución TIC pola Plataforma Tecnolóxica Española para a Saúde, o Benestar e a Cohesión Social (eVIA).
Comentarios