Avansig, enxeñaría de software de A Coruña, gaña na sección de Mobilidade Intelixente no evento South Summit Innovation 2017 coa solución Avansig Smart Drons. O desenvolvemento da startup galega permite aos drons voiar dentro dos edificios cunha precisión centimétrica e de forma completamente autónoma. O obxectivo da solución é automatizar tarefas en interiores (vixilancia física, inventarios automáticos, inspección de grandes estruturas ou monitorización de procesos industriais).
SOUTH SUMMIT é o evento líder do sur que pon en contacto aos emprendedores máis innovadores cos inversores internacionais máis importantes e as empresas interesadas en mellorar a súa competitividade a través de innovación. O evento celebrouse os días 4-6 de outubro de 2017 en Madrid.
Para Avasing foi unha experiencia increíble e recomendan encarecidamente ás start-ups que participen en futuras edicións do evento South Summit. Agradecen ao xurado da sección de Smart Mobility a valoración feita ao seu proxecto e por darlles esta gran oportunidade de presentalo e promocionarlo ante inversores e promotores.
None
Comments