As pemes poden solicitar ata o 31 de xullo os diagnósticos e servizos avanzados do Re-Acciona

As pemes poden solicitar ata o 31 de xullo os diagnósticos e servizos avanzados do Re-Acciona


A Consellería de Economía e Industria acaba de abrir, a través do Igape, unha primeira convocatoria para que as pemes poidan solicitar ata o próximo 31 de xullo os 400 diagnósticos integrais gratuítos e servizos avanzados que a Xunta pon ao seu dispor para á mellora da competitividade empresarial, ao abeiro do programa re-Acciona. Para solicitar un diagnóstico integral ou un servizo avanzado de competitividade as empresas interesadas deben acceder á páxina http://www.igape.es/reacciona.  

A elaboración dos diagnósticos, gratuita para las empresas, terá como obxectivo determinar cal é a situación actual da empresa nos procesos clave do negocio, para mellorar a súa estratexia e facilitar a incorporación de vantaxes competitivas que aseguren a súa sustentabilidade.  

Os servizos avanzados, terán custe un moi reducido para as pemes, e refírense á optimización financeira e mellora do circulante; á profesionalización da produción; ao asesoramento para o relanzamento comercial; á mellora de control de xestión e de procesos; á mellora da imaxe e a comunicación da empresa; á elaboración dun plan de mellora empresarial; ao asesoramento para o desenvolvemento de plans de acción; á elaboración de plans e protocolos de empresa familiar; á identificación de redes de cooperación e socios; ou ao asesoramento para a redefinición do negocio.  

No desenvolvemento destes servizos avanzados as empresas contarán coa colaboración dun bolseiro seleccionado polo Igape que participará, baixo a tutela de axentes colaboradores especializados, na implantación do proxecto de mellora correspondente na sociedade beneficiaria. Deste xeito, o programa re-Acciona facilita a especialización de 100 novos titulados como expertos na implantación de melloras competitivas nas pemes.  

Neste programa compre ter en conta que a selección das empresas beneficiarias dos servizos avanzados farase valorando, entre outros criterios, o número de empregados, a localización, dando prioridade ás empresas das zonas con plans especiais como Lugo, Ourense, Ferrol e Costa da Morte–, a existencia dun diagnóstico previo ou a integración dentro dun clúster constituído en Galicia.   Para acceder máis información ou para solicitar un diagnóstico integral ou un servizo avanzado de competitividade as empresas interesadas deben acceder á páxina http://www.igape.es/reacciona  

Xornadas técnicas
O Igape informará en detalle sobre as posibilidades de mellora que poden achegar ás Pemes os diagnósticos integrais de competitividade e os servizos avanzados ofertados a través do Programa Re-Acciona mediante tres xornadas técnicas que se desenvolverán os próximos días 17, en Lugo, 18, en Ourense, e o día 19 en Santiago de Compostela. Ademais de directivos e técnicos do Instituto, nestas xornadas técnicas intervirán, para contar as súas experiencias, empresarios participantes no programa piloto desenvolvido ata o momento no marco do re-Acciona.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies