As novas directrices marcadas por Europa abogan polo impulso dos clústers

As novas directrices marcadas por Europa abogan polo impulso dos clústers


O Comité das Rexións (CDR) establece nas súas consideracións xerais, que os clústers son importantes motores e condutores da innovación, contribuíndo á competitividade e ao desenvolvemento sostible da industria e os servizos. Ademais, indica que estes órganos potencian o desenvolvemento económico das rexións mediante a creación de riqueza e empregos, polo que tamén, indica, "contribúen á cohesión territorial", obxectivo que foi incluído entre os fins da Unión Europea no tratado de Lisboa.

O Comité sinala que é "necesaria a participación das autoridades públicas e entidades privadas no estímulo aos clústers e no apoio ao mantemento destes na vangarda dos seus sectores". Nesta liña, destaca que o papel do sector público debe ser crear as condicións do ámbito necesarias para o desenvolvemento dos clústers.

Así, o CDR propón a creación das condicións do ámbito necesarias para o desenvolvemento dos clústers e a dotación de axudas financeiras que faciliten a interconexión de pequenas e grandes empresas localizadas nun mesmo territorio e a apreciación das potenciais sinerxías que se poidan dar.   As axudas presentadas pola Consellería de Economía e Industria e a súa xestión a través do Igape apoian as declaracións realizadas polo CDR e avalan, así, as actividades en materia de innovación desenvolvida polos clustes, coa finalidade de aumentar a competitividade económica e empresarial de Galicia, a través da incorporación das pemes ás novas tecnoloxías e á sociedade da información.

Os clústers beneficiarios celebran esta medida


Os clústers beneficiarios celebran esta aposta decidida por parte da Administración á figura dos clústers e recorda que estas entidades son "un instrumento para a mellora da competitividade do tecido industrial galego" e que ofrecen numerosas vantaxes ás empresas que forman parte delas: información especializada dun xeito doado e económico permitindo ás súas empresas asociadas incrementar a súa eficiencia e produtividade e é a canle de comunicación coa Administración.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies