Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente do Cluster TIC Galicia, ven de asumir as funcións correspondentes á presidencia da entidade, logo de que o presidente, Gerardo Crespo Riestra, delegara nel de xeito temporal, acolléndose ao previsto no artigo 34.2 apartado “g” dos Estatutos.
En carta dirixida aos membros do Comité de Dirección, Crespo xustificou a súa decisión pola imposibilidade de “dedicar ao Cluster o tempo e as enerxías necesarias”.
Os Estatutos do Cluster asignan ao vicepresidente as responsabilidades de “asistir á presidencia no exercicio das súas atribucións” e, “de acordo con ela e por delegación”, adoptar as decisións sobre os asuntos que lle fosen encomendados. Establecen tamén que a vicepresidencia “deberá substituír á presidencia na súa ausencia”.
Comentarios