Nunha entrevista emitida pola canle de televisión compostelá Correo TV, Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, fixo balance do seu pouco máis de medio ano á fronte da entidade e destacou a posta en marcha de iniciativas que supoñen a suma de forzas entre as entidades asociativas do sector e o desenvolvemento de sinerxías.
O presidente do Clúster TIC Galicia fixo fincapé tamén no bo encaixe na organización de empresas de diferente tamaño, co obxectivo de desenvolver un sector galego das TIC que abranga toda a cadea de valor e no que as firmas pequenas poidan ser provedoras das grandes. Puxo o naval como exemplo desta articulación sectorial e indicou que o obxectivo final é "exportar tecnoloxía dende Galicia".
Del Corral indicou tamén que o sector TIC está a manter o emprego malia a crise e que o Clúster está a traballar na definición da estratexia de Especialización Intelixente que Galicia debe presentar ante a Unión Europea, co obxectivo de que a comunidade autónoma aposte por sectores que teñen verdadeira capacidade para crecer no futuro, como a e-Sanidade ou as tecnoloxías innovadoras.
Vexa a entrevista en Correo TV
Comments