Antonio Rodríguez del Corral destaca en Radio Galega a aposta do Clúster pola internacionalización das empresas

Antonio Rodríguez del Corral destaca en Radio Galega a aposta do Clúster pola internacionalización das empresas


As conclusións da Asemblea Xeral Ordinaria foron o tema principal da entrevista a Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC, emitida o sábado día 29 de xuño no programa Banda Ancha, de Radio Galega.

Del Corral destacou a ratificación das tres liñas principais de traballo do Clúster (internacionalización, transferencia e proxectos tractores) e sinalou que as empresas teñen cada vez máis claro que para competir é necesario asociarse e cooperar. Neste sentido destacou a complementariedade das empresas pequenas e grandes, e a función de arrastre que poden desempeñar as segundas.

O presidente do Clúster dixo que o gran reto do sector é a exportación e que, para afrontalo, cómpre desenvolver produtos capaces de competir en escenarios internacionais. Para iso, á súa vez, precísase capacidade de investimento. De aí a importancia de poder aproveitar os fondos FEDER, que están orientados á innovación e que representan unha grande oportunidade para os sectores produtivos galegos. Del Corral indicou tamén que nesta tarefa o Clúster traballa conxuntamente coa administración autonómica.

Escoitar o programa de Radio Galega.


Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies