Amplíase o prazo para inscribirse no proceso de selección de proxectos de VCN 2012

Amplíase o prazo para inscribirse no proceso de selección de proxectos de VCN 2012


O prazo para a inscrición de proxectos no proceso selectivo que da acceso á terceira edición de Vindeira Capital Network (VCN 2012) ven de ampliarse ata o vindeiro 29 de febreiro.Unha vez que remate este prazo, e tras comprobarse que os proxectos presentados cupren os requisitos esixidos, os emprendedores serán convocados para a presentación das súas iniciativas ante o Comité de Selección de Proxectos de VCN 2012.Este Comité, do que forma parte o Comité Estratéxico do Cluster TIC Galicia, xunto ao Comité Executivo de Vindeira e profesionais do mundo empresarial e académico, reunirase o 7 de marzo para decidir cales serán os proxectos que finalmente participen tanto no proceso de formación de emprendedores (Venture Academy) como na terceira edición de Vindeira Capital Network.

Cuarenta millóns para financiar proxectos

VCN 2012 terá lugar os días 10 e 11 de maio en Santiago de Compostela. Nesas dúas xornadas, os promotores de proxectos de nova empresa tecnolóxica que teñan superado os procesos previos de selección e formación poderán expoñer as súas ideas diante de analistas, conselleiros delegados e directores de investimento dos máis importantes fondos de capital risco e business angels especializados en TIC de toda España. Deste xeito, poderanse captar ata cuarenta millón de euros para o desenvolvemento dos proxectos.A terceira edición de Vindeira Capital Network está organizada por Vindeira-Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC, a Universidade de Santiago de Compostela e BIC Galicia, e promovido polo Cluster TIC Galicia e o IGAPE coa colaboración de Uninvest/Unirisco.

Acceso preferente para os socios do Cluster

As entidades integradas no Cluster teñen dereito a presentar proxectos a través de filiais. Estes proxectos terán acceso directo a VCN 2012 , e sumaranse aos proxectos que teñan superado o proceso selectivo previo, sexa cal sexa o número destes.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies