Para permitir a inscripción de tódalas ideas interesadas, amplíase o prazo de inscrición até o próximo 6 de setembro. Lembrámosvos que a iniciativa VCN, promovida polo Cluster TIC Galicia e a Plataforma Tecnolóxica Vindeira, ten como principal obxectivo a atracción de investimento público e privado, principalmente capital risco, cara a proxectos empresariais galegos.
O seu eixo principal de actuación xira en torno a celebración do Encontro VCN, que en 2013 chegará á súa cuarta edición, no que os promotores de proxectos teñen a oportunidade de presentar fronte a investidores de toda España a súa idea empresarial, co fin de captar o seu interese e alcanzar financiamento en forma de investimento. Ademais, co fin de mellorar as posibilidades das empresas á hora de captar financiamento, desenvolverase unha formación especializada previa ao encontro a través da Vindeira Venture Academy, segunda edición do programa de formación ligado á iniciativa.
Como novidade, esta nova edición de VCN terá un enfoque multisectorial, é dicir, poderán participar proxectos empresariais de múltiples sectores económicos de Galicia como o biotecnológico, o agroalimentario, o audiovisual ou o sector da automoción, ademais de todos aqueles relacionados co sector do TIC.
O formulario de inscrición, así como máis información sobre VCN, está dispoñible na web oficial da iniciativa http://www.vindeira.org/capitalnetwork.
A continuación poden descargar un tríptico con información sobre a iniciativa.
Web: http://www.vindeira.org/capitalnetwork
Twitter: http://twitter.com/VindeiraCapital
#2013VCN
Comments