AMETIC pide revisar o modelo actual de contratación pública en Sanidade

AMETIC pide revisar o modelo actual de contratación pública en Sanidade


  • Aposta por fórmulas como a colaboración pública-privada, a adquisición pública de tecnoloxía innovadora ou a compra pre-comercial.
  • O gasto sanitario en TIC sitúase en 637 millóns de euros, dos que a metade retornan ao sistema en forma de aforro polo uso de tecnoloxía.
A través da súa comisión de eSaúde, a Asociación Multisectorial de Empresas da Electrónica, Tecnoloxías da Información e a Comunicación, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (AMETIC) fixo pública hoxe unha nota na que pide á administración sanitaria a revisión do modelo actual de contratación pública para favorecer a adquisición de solucións TIC. Deste xeito, AMETIC aboga por incentivar as TIC a través de ferramentas como a colaboración pública-privada (CPP), a compra pública tecnolóxica innovadora (CPTI) e a compra pre-comercial (CPC).

Esta iniciativa é unha das líñas de actuación establecidas pola comisión de eSaúde da asociación no seu plan estratéxico para 2012, que inclúe accións para concienciar ao sector sanitario do impacto directo das TIC na calidade e eficiencia da atención sanitaria e como ferramenta para a sostenibilidade do sistema.

AMETIC estima que o gasto en TIC das consellerías de Sanidade das comunidades autónomas está en torno ao 1% do total do gasto sanitario, e que aproximadamente a metade desa inversión retorna ao sistema en forma de aforro pola mellora no funcionamento da rede asistencial e administrativa.

O gasto total do sistema nacional de saúde, incluindo coidados de longa duración, foi en 2010 de 63.768 millones de euros, polo que o gasto en TIC se situaría sobre os 637 millóns, dos que 318 millones retornarían en forma de aforro propiciado polo uso das tecnoloxías de información e das comunicacións.

Exemplo disto é a receita electrónica, que a finais de 2010 daba cobertura a un 26% da poboación española e que, segundo datos do Ministerio de Sanidade, poder reducir ata un 30% as visitas aos centros de saúde e entre un 20% e un 30% o tempo que os medicos dedican a cubrir receitas.

A comisión de eSaúde de AMETIC conta no inicio da súa actividade coa participación de máis de 40 empresas e está dirixida por Lola Ruiz, directora de Estratexia en Sanidad de HP.

Fonte: AMETIC

Ler a nota de prensa de AMETIC

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies