AMETIC, a patronal española da electrónica, as tecnoloxías da infomación, as telecomunicacións e os contidos dixitais, colabora, por cuarto ano consecutivo, na elaboración do informe ePYME 2011, xunto á Fundetec e a Dirección General de Política de la Pyme (DGPyme).
Segundo informou AMETIC, o informe ePYME 2011 é un “estudio de referencia para a análise do papel que xogan as novas tecnoloxías no desenvolvemento e competitividade das empresas españolas”. Abrangue unha pluralidade de sectores, e AMETIC é a entidade encargada de recompilar a información que aportan os seus propios asociados.
Deste xeito, as pemes do sector TIC poden acceder á web de AMETIC para participar no estudio, cumplimentando unha enquisa elaborada para tal fin.
Fonte: AMETIC
Comentarios