A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) anuncia a convocaroria do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2011, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e que forma parte dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información.
Coa concesión deste Premio, dotado con 6.000 euros, preténdese dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
O Premio entregaráse no trascurso da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que terá lugar o venres 21 de outubro na Toxa.
Bases Premio Gerardo Garcia Campos_2011
Fonte: AETG
Comments