Acordos do Comité Estratéxico do 21 de novembro

Acordos do Comité Estratéxico do 21 de novembro


Na súa reunión do 21 de novembro, o Comité Estratéxico (COES) do Cluster TIC Galicia acordou por unanimidade dar a súa aprobación ao documento que recolle o acordo de integración de Eganet no Cluster TIC Galicia. Este proceso de integración fará necesario efectuar algúns cambios nos estatutos do Cluster. Será precisa tamén a aprobación do documento por parte de Eganet. Se finalmente o proceso conclúe con éxito, as empresas asociadas a Eganet pasarían a ser socias do Cluster TIC Galicia.

O COES deu tamén o seu visto e prace a un acordo con Vindeira para unha maior integración desta plataforma tecnolóxica no Cluster. A posta en práctica deste acordo, pendente de aprobación por parte da asemblea de Vindeira, suporá a fusión das oficinas de ambas as dúas entidades e un cambio no nome de Vindeira, que pasará a denominarse "Plataforma I+D Cluster TIC".

O Comité aprobou tamén continuar desenvolvendo o convenio de colaboración co Cluster Audiovisual Galego.

No relativo ao desenvolvemento de proxectos tractores, aprobouse crear dúas comisións. Unha delas integrará empresas do grupo 3 (as de maior tamaño) e contará con representante de Ametic. A outra reunirá empresas dos grupos 1 e 2, estará liderada por José Outón (representante de SIVSA) e Enrique de Miguel (representante de 2Mares) e contará tamén cun representante de Ineo. Ambas as dúas comisións traballarán en paralelo e será o Comité Estratéxico quen decidirá e aprobará as propostas finais.

Outra das decisións tomadas foi dar luz verde á proposta de traballo para a modificación dos estatutos realizada polo representante do CPEIG e que prevé tres fases.

O COES acordou tamén as baixas de Santiago Cárdenas Botas (Tecnocom), que viña exercendo funcións de tesoureiro e dos vogais Miguel Bugarín Pumar (Visual Publinet) e Margarita Ordoñez Novo (Azetanet - Gecreri, S.L.). Nos tres casos as baixas débense á imposibilidade de asistir ás reunións e participar activamente no Comité.

Para cubrir as vacantes no COES, aprobouse a incorporación dos representantes das seguintes entidades: 

  • Grupo 1:
    • Aldaba Servicios Profesionales, S.L. - José Antonio Castelao Boo
    • Imatia Innovation, S.L. - Fernando Vázquez Núñez
  • Grupo 2:
    • Ozona Consulting, S.L. - Ramón Ares Yáñez
  • Grupo 3:
    • Altia Consultores S.A. - Constantino Fernández Pico
    • Blusens Technology, S.L. José Manuel Ruíz
    • Coremain S.L.U. - Manuel Balseiro López
    • Sistemas Avanzados de Tecnología, S.A. - José Ángel Veiga Abeledo
  Igualmente, aprobáronse por unanimidade as seguintes delegacións de responsabilidades:
  • Aldaba (José Antonio Castelao Boo): Tesoureiro e Plan Operativo Anual.
  • Sivsa (José Antonio Román Jiménez): Internacionalización.
  • Altia Consultores (Constantino Fernández Pico): Sectores de Galicia.
  • Bulsens (José Manuel Ruiz): Internacionalización.
  • Everis Spain (Jesús Lage Fernández): Vicepresidente e Relacións con CDTI.
  • R (Antonio Rodríguez del Corral): Proxectos tractores.
  • Satec (José Ángel Veiga Abeledo): Clústeres españois.
  • Itelsis (Gerardo José García Alvela): Multinacionales.
  • Bahia Software (Martín Gómez Rodríguez): Marketing interno.
  • Plexus (Antonio Agrasar Cascallar): Marketing interno.
  • CPEIG (Francisco J. Rodríguez Martínez): Secretario.
  • Xerente: Voluntariado Dixital.

O Comité Estratéxico tamén aprobou o cesamento do xerente a finais do mes de febreiro de 2013.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies