Aberta a convocatoria para participar no Proxecto NACCE

Aberta a convocatoria para participar no Proxecto NACCE


O Proxecto NACCE (Núcleo de Apoio á Concorrencia e á Creación de Empresas TIC), un proxecto Europeo cofinanciado polo Programa de Cooperación Territorial España-Portugal 2007-2013 no que a Cámara de Comercio de Vigo participa como beneficiario, abre a convocatoria de captación de participantes nas experiencias piloto para as seguintes actividades:

  • Xestión de proxectos de colaboración entre PYMES TIC. Dirixida a empresas TIC da Eurorexión Galicia – Norte de Portugal interesadas na posta en marcha de proxectos comúns de colaboración.
  • Internacionalización de PYMES TIC. Dirixida a empresas TIC da Eurorexión Galicia – Norte de Portugal interesadas na posta en marcha de procesos de internacionalización de negocios TIC.
  • Creación de empresas e novas líneas de negocio TIC. Dirixida a emprendedores e empresas TIC da Eurorexión Galicia– Norte de Portugal interesadas na posta en marcha dunha actividad empresarial orientada o sector TIC e da creación de novas líneas de negocio TIC.
Nas actividades previstas participarán todos os beneficiarios do Programa que está liderado pola “Consellería de Traballo e Benestar” da Xunta de Galicia.      

NACCE consiste nunha plataforma de colaboración para a creación de empresas TIC. Trátase dunha rede composta por socios e colaboradores que potenciará a formación e asesoramento de pequenas e medias empresas transfronteirizas co obxectivo de ampliar a cifra de negocios e impulsar o seu crecemento. 

O obxectivo é estimular a aparición de novas iniciativas empresariais, aumentar a concorrencia das empresas existentes e, como consecuencia directa, dinamizar o emprego. Para acadar eses fins, creouse unha rede baseada en tecnoloxías web 2.0. que actuará como catalizador para o avance do sector.

Pode descargar a continuación a convocatoria, o documento coas actividades previstas dentro do proxecto e a ficha de inscrición.

Convocatoria

Experiencias Piloto

Ficha de participante

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies