Fonte: Código Cero
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, acompañada polo presidente da Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC), José María López Bourio, presentou hoxe a campaña Difundetic PEME, que se desenvolverá en 20 polígonos industriais de Galicia, entre eles os de Foz, Begonte, Meira, Chantada e Sarria.
A actividade, que chegará a máis de 100 empresarios lugueses, baséase nun servizo móbil de demostración tecnolóxica, no que un técnico consultor impartirá coñecementos básicos sobre o DNI electrónico, a factura electrónica e a firma dixital, para qué serven na súa xestión empresarial e, en consecuencia, coma poden rendibilizar un proceso de cambio nas súas tarefas diarias. LER MÁIS EN CÓDIGO CERO.
Comentarios