A xornada de networking “aproba” con nota e os participantes queren que se repita cada trimestre

A xornada de networking “aproba” con nota e os participantes queren que se repita cada trimestre


A enquisa de avaliación da Primeira Xornada de Negocio e Networking do Cluster TIC Galicia deu como resultado unha valoración moi positiva da experiencia por parte dos participantes, ata o punto de que, preguntados pola frecuencia con que lles gustaría que se repetise o encontro, o 70% elixiu a opción da periodicidade trimestral.Consultados sobre a súa valoración global da xornada, o 60% dos participantes cualificárona de “moi positiva” e o 40% de “positiva”. Verbo da súa efectividade para xerar negocio, un 60% indicou que a experiencia foi “positiva” e o 40% restante, “moi positiva”.Os materiais entregados aos participantes foron cualificados de “suficientes e adecuados” polo 60% de quen responderon a enquisa, mentres que un 70% dixo que as instalacións elixidas foron “totalmente axeitadas”. Por outro lado, un 80% cualificou de “moi adecuada” a organización xeral da xornada.Á hora de avaliar o tempo que se concedeu ás reunións bis a bis, o resultado é algo máis disperso: o 50% dixo que foi “suficiente” e outro 30%, “totalmente bo e adecuado”. Con todo, hai un 20% que preferiría que as reunións tivesen sido máis prolongadas.A administración do Cluster terá en conta os resultados da enquisa na organización de futuros encontros de networking..

Experiencia positiva

Baixo o lema Facendo nacer as oportunidades, a Primeira Xornada de Negocio e Networking do Cluster TIC Galicia reuniu o pasado 16 de febreiro en Compostela a un bo número de representantes de empresas de diversos eidos de actividade dentro das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións. A actividade, que se desenvolveu ao longo de toda a mañá e rematou cun almorzo, serviu para trazar relacións de confianza entre os participantes co obxectivo de atopar sinerxias e complementariedades entre os diferentes negocios, identificando posibles clientes, socios, colaboradores e vías de cooperación para poñer en marcha proxectos novos

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies