O próximo martes 17 de xullo, ás 18:30 h., na Aula de Grados Victor Gulías da Facultade de Informática da UDC, celebrarase unha nova reunión informativa sobre o Mestrado en Enxeñaría Informática dirixida a todos os interesados en cursar dito mestrado.
Trataranse cuestións como o acceso ó mestrado desde distintas titulacións, complementos formativos para Enxeñeiros Técnicos, etc.
Trátase do título que culmina co proceso de adaptación da oferta da FIC ao EEES, e que corresponde á formación do Enxeñeiro en Informática seguindo as recomendacións do marco profesional, sendo o único título que asegura a adquisición de todas as competencias establecidas para a profesión.
O prazo de preinscripción finaliza o 23 de xullo. Máis info.
Comments